A Valedora recorda aos municipios galegos que deben contar con autorización para usar cámaras de videovixilancia

A Valedora do Pobo trasladou aos concellos galegos a necesidade de contar con autorización para a instalación e uso das cámaras de videovixilancia, ademais de obter as renovacións destes permisos nos prazos previstos pola lexislación.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2017 | Actualizada ás 17:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo trasladou aos concellos galegos a necesidade de contar con autorización para a instalación e uso das cámaras de videovixilancia, ademais de obter as renovacións destes permisos nos prazos previstos pola lexislación.

A asociación Movemento polos Dereitos Civís presentou nesta institución diversos expedientes de queixa en relación coa instalación destes sistemas de vixilancia.

Tras as respostas aos requirimentos de información, detectouse que varias administracións locais non dispoñen da autorización necesaria para cada videocámara ou non a actualizaron, entre elas varias que non se están a utilizar.

Moitas destas situacións denunciadas débense á falta de renovación das autorizacións nos prazos designados pola lexislación, onde as administracións locais aglutinan un maior volume de queixas.

Por iso, procedeuse a recordar aos concellos da necesidade de cumprir coas autorizacións para estes procedementos nos tempo que marca a lei, información que se trasladou a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta